viernes, 15 de febrero de 2019

Día do amor e da amizade 2019: Escribimos declaracións de amor (3)

Estas recuperan o ton solemne. Canto sentimento bonito!

I
Entre ti e eu hai un fío vermello, invisible,
ese fío que conecta a aquelas persoas que 
están destinadas a encontrarse, 
sen importar o lugar, tempo ou circunstancias.
Ese fío poderá estirarse ou contraerse pero...
xamais poderá romperse.

II
Se ti es o meu soño...
quero facelo realidade.
Se ti es a miña fantasía...
quero cumprila toda.
Se ti es o meu destino...
quero acabalo contigo.
Se ti es a miña historia...
quero escribila ata o final.
E... se ti es o meu todo...
quero todo de ti.

III
Cando miro para ti
esquézome dos problemas 
e intento ser feliz.

IV
Cando eu te vexo, o meu mundo reloce de esperanza. Énchesme de paz e sinceridade e quérote máis ca todas as cousas do Universo.

V
Só te preciso a ti para sentirme feliz. Cada palabra túa anímame a seguir adiante e non renderme ante nada nin ninguén. Por iso non te deixarei escapar nunca da miña beira. Sempre xuntos.

VI
O día que te vin, aínda que me mataran, seguiría pensando en ti.
Cada minuto ao teu lado serve máis ca un regalo.

VII
Prefírote antes que ser millonario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario