viernes, 15 de febrero de 2019

Día do amor e da amizade 2019: Escribimos declaracións de amor (2)

E seguimos coas declaracións presentadas. Desta vez, imos coas máis retranqueiras, que amor gusta da compañía do  humor. 
  I
-Ola! Pódoche sacar unha foto?
-Para que?
-Para ensinarlle a Papá Noel o que quero por Nadal.

II
Se eu fose gato
e ti sardiña
non deixaría de ti 
nin unha espiña

III
Alguén tan tola coma min necesita un parafuso coma ti.

IV
Quérote un montón,
como o chocolate ao turrón.
Non es Google, mais tes todo o que eu busco.

V
Eu quérote máis ca ao mellor tractor do mundo

VI
Es máis guapa ca un John Deere; aínda máis, coma un Fendt.

VII
A nai que te fixo debía de ser pasteleira
porque un bombón coma ti non o fai calquera.



No hay comentarios:

Publicar un comentario