viernes, 15 de febrero de 2019

Día do amor e da amizade 2019: Escribimos declaracións de amor (4)

E xa para rematar, toda unha declaración de amor á escritura:

"Carta de amor"

Nesta data moitas persoas aproveitan para declarar o seu amor á persoa da que están namoradas.
Eu teño un amor, un amor eterno que sei que  será para toda a vida, a escritura. 
Para min as persoas van e veñen, pero a  escritura estará para toda a vida comigo.
Se as persoas poden declarar o seu amor nesta data, considero que eu tamén. 
Para min, a escritura é o bálsamo aos problemas da vida cotiá, e paréceme a mellor forma de evasión. 
É a terapia que deixa voar  a túa imaxinación a calquera outro lugar do mundo e permite meterte na vida doutra persoa.
É fiel e sempre vai estar cando a necesites, non che vai falllar nunca.
Permite desenvolver as túas facultades sen vergoña e sen prexuízos, sen que ninguén te xulgue.
Cumpre todos os requisitos que ten que ter unha boa parella:
SER O TEU BASTÓN DE APOIO
E NON FALLARCHE NUNCA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario