jueves, 14 de febrero de 2019

Día do amor e da amizade 2019: Escribimos declaracións de amor.

Nestes días iremos publicando as declaracións de amor que se presentaron ao certame. Hainas serias e hainas informais, hainas longas e breves... Pero do que non hai dúbida é de que a decisión acerca de cales son as mellores está moi, moi difícil. A creatividade e a sensibilidade son notables, parabéns a quen participastes, e parabéns a quen van dirixidas! Velaí van as primeiras:

NOTA ACLARATORIA: aparecerán de xeito anónimo, pola confidencialidade prometida.
 


                

I

Quedei transido dos teus ollos
un trebón foi o mencer da miña vida
deixándome a casa de rosas frolida
e un gusto a mel nos beizos

Marchaches leda como río que corre monte abaixo
Amarga despedida,
alento dos meus soños
novo día, cálida benvida


II

A túa mirada penetrante
perfora o meu corazón amante


III

Cando mires as estrelas
acórdate de min,
porque cada unha delas
é un bico para ti

IV

Busco a túa mirada
nas brétemas do meu corazón


V

Entre lusco e fusco
es ti a quen busco


VI


Estar namorado
é vivir unha aventura,
o corpo énchese de sensacións;
formiguiñas,
que fan sentir que estamos vivos;
formiguiñas,
que non dan medo, senón emocións.
Ao principio non me atrevía mirarte,
as formiguiñas travesas non me deixaban;
despois non podía nin falarche,
as formiguiñas travesas non me deixaban;
E logo non me atrevía a beixarte,
as formiguiñas travesas non me deixaban;
e agora que estamos xuntos,
botaches as formiguiñas para encherme do teu amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario