lunes, 11 de febrero de 2019

Concurso de declaracións de amor


Día dos namorados 2019



Convócase concurso de namorar


Pon a cabeciña a pensar, como dirías a alguén que che entrou polo ollo?


Podes participar na modalidade romántico-edulcorada, do estilo…


“bendito sexa o porto e a cidade

onde embarquei para navegar contigo

nunha dorna de amor e de saudade”

ou na máis enxebre, ao xeito

“Es máis guapo ca un sacho con pegatinas”…

NORMAS PARA PARTICIPAR:

  • Debe estar en lingua galega.
  • Deben ir identificadas co nome e o curso do autor /autora.
  • Entrégase na biblioteca, nunha caixa disposta para tal fin.
  • Compartirémolos na biblioteca no recreo do día 14 (confidencialidade asegurada ;)
  • Haberá ata dous premios por modalidade.
  • Último día para participar: mércores 13.


No hay comentarios:

Publicar un comentario