martes, 29 de enero de 2019

30 de xaneiro: día Internacional da Paz e a Non-violencia

Sen xustiza, sen liberdade, sen igualdade, a paz é só unha palabra baleira.

Ven á biblioteca o 30 de xaneiro: aquí tes moito que ver!



16 comentarios:

  1. O 21 de setembro celebrouse o Día Internacional da Paz, data declarada pola Asemblea Nacional das Nacións Unidas en 1981 para conmemorar os ideais da paz en todas as nacións e todos os pobos.A crise humanitaria sufrida por millóns de persoas en Siria e noutros países, como Eritrea, Afganistán ou Líbano, resalta a importancia de traballar con diariamente,todo esto para crear un mundo mellor no que non haiga fames, guerras, etc ...

    ResponderEliminar
  2. A Paz, que é a paz na realidade?
    A paz,a paz é un sentimento,un sentimento de delicia; de amor fraternal cara as demais persoas, na miña opinión,creo que non debería de existir un día concreto,como ocorre co día da violencia de xénero,porque ámbalas dúas tiñan que realizarse todos os días, evítandose deste xeito, a dor, a desigualdade, os prexuizos. Con todo,aínda que a paz asemelle un tema tan sinxelo aparentemente, non o é,posto que non está nas mans dos cidadáns nin das cidadás, se non que é algo que provén de máis arriba,dos propuios gobernos. Porque son os propios gobernos quen levan acabo unhas políticas discriminatorias contra as propias persoas, persoas que en moitos dos casos veñen na busca dunha vida mellor,pero en moitos dos casos, e no pleno siglo XXI, as políticas lideradas por homes na súa maioría,levan acabo unha forte discriminación. Que por que ocorre isto? Porque teñen interese en discriminar,teñen interese en dicir que as persoas que veñen doutros paises son débiles cando o único que queren e traballo ou tan só ser acollidos, non obtante aos políticos da metadade dos países europeos non teñen interese nos demais, posto que, seu único beneficio que queren é o seu propio. Aínda que os mesmos falen de igualdade, de xustiza e de liberdade, non o están poñendo en práctica, posto que en países como Alxeria,o Congo e outros países de África estanse levando unha serie de guerras unha serie de asasinatos que atentan na súa maior parte na contra dos civiles. No caso das mulleres é aínda moto peor,son excluidas da súa comunidade, cando estas teñen un fillo ou unha filla,despois do parto,no momento de maior debilidade, esta situación debe cambiar,esta realidade da que estamos falando durante séculos,mesmo anos debe de cambiar; xa que,se isto non se arranxa, as xeracións posteriores viviran aínda nun mundo aínda máis durmido e se ningunha posibilidade de encontrar a felicidade.

    ResponderEliminar
  3. O concepto de paz é un concepto que moitas veces mesmo nos fai dudar do seu significado. A palabra paz é moi empregada en numereosos contextos, úsase diariamente nos nosos días. Hasta agora é algo que non se conseguiu no noso mundo, pois segue habendo moitas guerras.
    Paz é o dereito de homes e mulleres á NON violencia e á xustiza. Se neste mundo houbera paz, moitas palabras negativas que forman parte da nosa sociedade, non existirían. Entre elas o "bulling" presente nas aulas e redes; a violencia de xénero que acaba coa vida de moitas persoas inocentes; racismo e humillación...
    Paz é poder pasear libremente sen ningún tipo de ameaza, vivir en familia con respecto e amor, ter liberdade en calquera movemento que realices na túa vida...
    Se cada un de nós puxésemos un gran de area, algún día coverteríase en realidade, porque a paz é alegría, felicidade e liberdade.
    É VIDA.

    ResponderEliminar
  4. O día escolar da paz é a non violencia celebrase desde 1964 é está reconocida pola ONU desde 1993. En esa fecha conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. Surxe dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente e voluntaria da Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concorda, o respeto os Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. En este día os colexios e centros convértense en intrumentos da paz e entendemento entre personas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

    ResponderEliminar
  5. A paz é a situación e relación mutua de quenes non se encontran en guerra.
    A paz e as guerras aparecen en libros como ‘Un cuadro de Picasso’ que trata de cando os avións alemáns bombardearon a cidade de Gernika; que Pablo Picasso plasmou nun lienzo que se encontra actualmente no Museo Reina Sofía de Madrid. Denuncia o absurdo da guerra e a morte de inocentes.
    Ou ‘Cuando pasé al otro lado del muro’, no que trata dun neno ao que lle prohiben saír fóra do muro que rodea a cidade e, ao saír descubre que non era o que lle contaran. Pódese apreciar o contraste entre a cidade na que vive e as cidades que a rodean pois o muro foi contruído para evitar bombas. O tema pode situarse en calquera parte do mundo, aínda que implicitamente se refira aos territorios en conflicto de Israel e Palestina.
    Ademais, o autor dona o 15 % das regalías a Playgrounds for Palestine, unha ONG para nenos palestinos.

    ResponderEliminar
  6. A paz é a situción ou o estado onde non hai guerras nin loitas.
    En 1918 a finais da Primeira Guerra Mundial constituiuse un organismo para manter a paz e a seguridade.
    Dise que só estando en paz contigo mesmo e cos demais pódese vivir alegremente sen embargo , o mundo e o noso entorno máis cercano como os nosos pobos e cidades viven sorpredentemente nun desorden e nun desconcerto grazas as "violencias callejeres" e o fumor do consumo que xenera un mar de inmensos sufrimientos humanos e unha oleaxe de inxusticias que nos atormentan.
    A paz no mundo é díficil de obter pero non imposible.

    ResponderEliminar
  7. A paz, é non sentir a ameaza do
    terrorista, estar coa familia sen temer a reacción violenta da tua parella. Significa descansar no teu fogar sen esperar o son das bombas… É o respeto, a comprensión e a liberdade.
    É tolerancia, que significa respeto, aceptación e valor das persoas, da súa dignidade e diversidade cultural.
    B.María Pazos Morales.

    ResponderEliminar
  8. Para min, a paz é algo utópico, una fantasía soñada por unos e rexeitada por outros, creo que a paz é algo que vai mais ala da bandeira dun país, mais ala da relixión, o mais ala dun ben material coma o petróleo. Son milleriros de persoas as que desexan que a paz inunde o noso planeta, lastrado pola morea de guerras que houbo ao longo da nosa vengoñante e oscura historia, pero tamén son outros (moi poucos) os que a ocultan con conflictos e guerras soo por sucios intereses os cales non os van facer mellor que o resto de seres do planeta.
    Eu desexo un futuro non moi lonxano no que non se celebre o día da Paz, porque eso significara que non é necesario, xa que será una realidade, e non un soño.

    ResponderEliminar