viernes, 27 de noviembre de 2020

  

 

25 de novembro de 2020, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

 A comunidade educativa do IES do Camiño énchese de palabras e imaxes coas que expresar o seu rexeitamento á violencia exercida contra as mulleres. Palabras que desprenden un potente NON ás agresións, ás humillacións, á desigualdade e exclusións sufridas polas mulleres.

O noso centro di SI a mulleres libres, nunha sociedade libre de violencias de xénero. 

 

martes, 29 de octubre de 2019








LIBRO e TRATO


Celebramos Santos e Defuntos

Achégase a festa de Todos os Santos,  de Defuntos, do Samaín ou como queira que lle chamemos… Monstros, bruxas, espíritos e todo tipo de seres terroríficos saen pasear por rúas, colexios, pubs e discotecas. Se queres coñecelos en vivo e en directo, sen filtros, tal como os imaxinaron os seus autores e autoras, o mércores pasa pola biblioteca e leva en préstamo un  libro dos que temos no expositor temático. Ademais, canda o libro vai unha sorpresa moi doce…


martes, 8 de octubre de 2019

Comezamos andaina lectora para este curso. Catro grupos de lectores e lectoras en busca de mundos por coñecer.
Os primeiros libros son Que me queres amor? de Manuel Rivas, O último barco, de Domingo Villar, A maldición de San Brandán de Paulo Calvo e unha selección de varios cómics. Temos a próxima cita o día 6 de novembro.

lunes, 3 de junio de 2019

Feminismos. A historia cóntana as vencedoras.

Xa temos na sección de NOVIDADES esta obra, na que Anna R. Figueiredo presenta de xeito ameno e contextualizado a historia do feminismo, tamén a do feminismo galego.

martes, 28 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas.

Temos dispoñible varios títulos que nos achegan á grande personalidade que foi Antonio Fraguas, un erudito que traballou arreo pola cultura do seu país, pola súa dignidade, que enfrontou situacións moi adversas que non foron quen de dobregar a súa absoluta integridade.

viernes, 29 de marzo de 2019


Temos novidades para o mes de abril, toda unha colección destinada a salientar o protagonismo das mulleres en múltiples facetas (cine, ciencia, literatura, política, historia....)


viernes, 1 de marzo de 2019

8 de Marzo

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, que conmemora a loita das mulleres pola igualdade de oportunidades e pola súa liberdade e desenvolvemento íntegro.
Non podemos dar nin un só paso atrás!


Na biblioteca están as mulleres

María Xosé Queizán
Rosalía de Castro
Emilia Pardo Bazán
Rosa Aneiros
Malala
Gemma Lienas
Virginia Woolf
Fina Casalderrey
Marilar Aleixandre
Marina Mayoral
María Solar
Ana María Galego Gen